O solarpunk é un movemento de ficción especulativa, arte, moda e activismo que busca responder e encarnar a pregunta «como é unha civilización sostible e como podemos chegar a ela?»

A estética de solarpunk fusiona o práctico co fermoso, o ben deseñado co verde e exuberante, o luminoso e vistoso co sinxelo e sólido.

O solarpunk pode ser utópico, simplemente optimista, dirixido a crear un mundo mellor, pero nunca distópico. A medida que o noso mundo medra cada vez máis turbulento, o que necesitamos son solucións, non só avisos.

Solucións para prosperar sen combustibles fósiles, para xestionar equitativamente a escaseza real e compartir a abundancia en vez de soportar a falsa escaseza e a falsa abundancia. Ser máis amorosos uns cos outros e co planeta que compartimos.

O solarpunk é, á vez, unha visión do futuro, unha provocación reflexiva, un xeito de vivir e un conxunto de propostas realistas para alcanzar ese futuro.

  1. Somos solarpunks porque nos quitaron o optimismo e estamos intentando retomalo.
  2. Somos solarpunks porque as únicas opcións son a negación ou a desesperación.
  3. No seu núcleo, Solarpunk é unha visión dun futuro que encarna o mellor do que a humanidade pode acadar: un mundo postescasexa, postxerarquía, poscapitalista onde a humanidade se ve como parte da natureza e a enerxía limpa substitúe os combustibeis fósiles.
  4. O “punk” no solarpunk ten que ver coa rebelión, a contracultura, o poscapitalismo, o descolonialismo e o entusiasmo. Ten que ver con ir nunha dirección diferente á convencional, cada vez máis alarmante.
  5. O solarpunk é tanto un movemento coma un xénero: non se trata só das historias, senón tamén de como materializalas.
  6. O solarpunk abrangue unha diversidade de tácticas: non hai unha única forma correcta de facer solarpunk. En troques diso, diversas comunidades de todo o mundo adoptan o nome e as ideas e constrúen pequenos nichos de revolución autosuficiente.
  7. O solarpunk ofrécenos unha valiosa nova perspectiva, un paradigma e un vocabulario a través do cal describir un posíbel futuro. En vez de abrazar o retrofuturismo, o solarpunk mira completamente ao futuro. Non é un futuro alternativo, senón un futuro posíbel.
  8. O noso futurismo non é nihilista coma o ciberpunk e evita as tendencias potencialmente case reaccionarias do steampunk: trátase de enxeño, xeración, independencia e comunidade.
  9. O solarpunk destaca a sustentabilidade ambiental e a xustiza social.
  10. O solarpunk trata de atopar formas de facer a vida máis marabillosa para nós agora mesmo, e tamén para as xeracións que nos seguen.
  11. O noso futuro debe implicar readaptación e creación de cousas novas do que xa temos. Imaxina descartar as «cidades intelixentes» a favor dunha cidadanía intelixente.
  12. O solarpunk recoñece a influencia histórica que a política e a ciencia ficción tiveron entre si.
  13. O solarpunk recoñece a ciencia ficción non só como entretemento, senón como unha forma de activismo.
  14. O solarpunk recoñece a ciencia ficción non só como entretemento, senón como unha forma de activismo.
  15. O solarpunk quere contrarrestar os escenarios dunha terra moribunda, unha fenda insuperábel entre ricos e pobres e unha sociedade controlada por corporacións. Non en centos de anossenón moi próxima.
  16. O solarpunk trata da cultura “maker” da xente nova, solucións locais, redes de enerxía locais, formas de crear sistemas de funcionamento autónomo. Trátase de amar o mundo.
  17. A cultura solarpunk inclúe todas as culturas, relixións, capacidades, sexos, xéneros e identidades sexuais.
  18. A estética visual de Solarpunk está aberta e evolucionando. Tal e como está, é unha mestura do seguinte:
    1. Era da navegación e o mito da fronteira do mil oitocentos (pero con máis bicicletas)
    2. Reutilización creativa da infraestrutura existente (ás veces postapocalíptica, ás veces contemporánea-bizarra)
    3. Tecnoloxía axeitada
    4. Modernismo
    5. Hayao Miyazaki
    6. Innovacións ao estilo “jugaard” dende países non occidentais
    7. “Back ends” de alta tecnoloxía con resultados sinxelos e elegantes
  19. O solarpunk ambiéntase nun futuro construído segundo principios do Novo Urbanismo ou do Novo Peonalismo e da sustentabilidade ambiental.
  20. O solarpunk contempla un ambiente construído adaptado creativamente para a ganancia solar, entre outras cousas, empregando diferentes tecnoloxías. O obxectivo é fomentar a autosuficiencia e a vida dentro dos límites naturais.
  21. No solarpunk paramos xusto a tempo para deter a lenta destrución do noso planeta. Aprendemos a usar a ciencia con sabedoría para mellorar as nosas condicións de vida como parte do noso planeta. Xa non somos xefes supremos. Somos coidadores. Somos xardineiros.
  22. O solarpunk:
    1. é diverso
    2. ten espazo para que a espiritualidade e a ciencia convivan
    3. é fermoso
    4. pode ocorrer. Agora

A Comunitade Solarpunk

Traducido por Alessandro Ardovini e Eduard Velasco

Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.